El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

viernes, 25 de febrero de 2011

En pleno camiño para o futuro

Querida Noname (2):

 todo volve ao seu sitio
o teu sorriso ilumina de outra vez . 

Ao teu lado só persoas que te queiran que
non intenten cambiarte 
nin por dentro nin por fóra. 

Comezamos seguindo un camiño que nos marcan 
sinalándonos que ese é o mellor a seguir 
pero cando dentro de ti sintes que as pezas non encaixan, 
os consellos non solucinan nada, 

Cando todo isto sucede comezas a buscar noutras partes
o que deberías atopar no mundo que te rodea; 
comezar a mirar a xente dunha maneira distinta 
soñas con atoparte con bocas novas que traian novas palabras; 
e xa non hai volta atrás.

Tiven a fortuna de verte cambiar 
Sei o que significa cada paso 
Se todo volve cambiar de cor resistiremos o vendaval

Trátase de vivir a vida, 
non se pode estar en contra diso 
Que non te roce ningunha desas pedras que 
che lancen en forma de desprezo, 
non son máis que medo e ignorancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario