El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

lunes, 13 de junio de 2011

Finis Terrae

Querido Aldalao (4):
     Seguimos en movemento e non sabemos cara onde avanzamos. As veces invádenos a sensación de estar a dar voltas en círculos, incapaces de saírmos das sendas marcadas para buscar as nosas respostas en sitios novos, ou esquecidos a forza de non recordalos convertíndose en sitios que só habitan no noso imaxinario, e que quizais hoxe unha visita por esas terras a que nos traerían as respostas que ansiamos.

     Fago repaso das  túas viaxes interminables levando sempre esta pequena parte do mundo contigo. Os quilómetros non significan nada cando se quere algo como ti o querías, e foi tanto o teu amor que chegou ata os nosos días, aínda que as veces nos comportemos como verdadeiros incapaces para demostrar ese amor que nos queima por dentro. As néboas tatuáronse nas túas pupilas, ao igual que o fixeron os mil ríos e os altos montes que sermpre nos mantiveron en relativo afastamento dos nosos veciños da fronteira. Pero foi sobretodo polas lendas polo que nunca te acabaches de ir de todo. De todo o mundo veñen a peregrinar polo camiño para chegar ao fin da terra, a Finis Terrae e bañarse no mar azul que a rodea deixando que as ondas leven os pesos cos que xa non poden vivir. Queren desfacerse dos seus pecados e volver limpos de calquera tacha,  e retomar así unha vida que lles pedía reflexión, concentración, perdón e un pouco de esquemento. 

     É  canto menos curioso que nós tiveramos que facer todo o contrario, e que para atopar o noso camiño e lograr reconciliarnos coa nosa vida tivemos que abandonar estas terras. Durante séculos millóns de persoas viñeron na busca da fin do mundo percorrendo ese camiño marcado na terra á imitación da nosa Vía Láctea, mentres nós trazabamos unha senda totalmente diferente. Desde a fin do mundo ata un destino descoñecido. E chegamos tan lonxe e con tan mala memoria que nos perdemos na distancia e quizais sexa hora de volvernos peregrinos neste século XXI para atopar o camiño de volta e camiñar, paso a paso, ata que divisemos diante dos nosos ollos Finis Terrae, e que o traxecto nos sirva para decidir que hai que facer, e non deixar que sexan outros, outra vez, os que decidan por nós.

     Aldalao, necesitamos de ti como se necesita a auga para vivir, porque se pensamento e conciencia non somos nada. Volve pronto. Unha aperta enorme desde Babia.
    

2 comentarios:

  1. Durante moito tempo camiñamos con presa sen mirar ó redor, sen darnos conta de que camiño estabamos a seguir e eso nos fixo perdernos durante o traxecto. Non sabemos onde estamos, cara onde imos e o que é máis sangrante quen somos debido a ese interese que nos fomentaron polo individualismo, perdemos a identeidade e o destino e haberá que hachalo nalgures, non está lonxe presíntoo.

    ResponderEliminar
  2. Non creo nun destino escrito anticipadamente, senón nun cúmulo de oportunidades que están aí para que fagas as escollas que queiras e esas escollas darán lugar a outras e serán todas elas as que conformen a túa vida. De todos xeitos para ir pola Via láctea só hai que facer o camiño de Santiago, tan preto e tan lonxe!

    ResponderEliminar