El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

sábado, 5 de marzo de 2011

Promesas da aldea global

Querido Aldalao:
     Entendo as túas preocupacións porque as comparto plenamente. Quen nos ía dicir que a globalización sería isto ou que o capitalismo sería tan agresivo que aumentaría o número de pobres no mundo a un ritmo tan rápido que case non hai tempo para contalos. Aínda recordo cando acudiamos xuntos as charlas sobre a aldea global, acórdaste? Todos nós cun pé posto nese avance que sería para a humanidade a verdadeira globalización, coas posiblidades que iso traía. Que fermoso era o que nos contaban de como se ía poder estar tranquilamente na túa casa fabricando algo tradicional da túa aldea e o teu traballo transcendería ao resto do mundo; ou como os coñecementos non entenderías de fronteiras e correrías en ambas direccións sen ningún tipo de traba. Estas e outras cousas fixeron que apoiaramos a globalización como forma para acabar de eterna dependencia de mandatarios incapaces e interesados só na súa persoa.

     Que ilusos! Que pouco durou a énfase da que as cousas se poderían facer de xeito distinto e todos viviriamos mellor. Nada más poñerse a idea da aldea glogal marcha, o capitalismo mercou a patente e fixo dela unha canle ideal para que todos xogaran as súas normas salvaxes de producir-consumir sen pensar en recursos escasos, dano ao medio ambiente, estado de benestar, educación básica como dereito fundamental, etc. Para vivir houbo que poñerse a fabricar algo ou colaborar na súa producción para convencer despois á xente, que lle comezamos a chamar consumidores, que necesitaban dese novo producto para vivir mellor, e así unha e outra vez ata que as vidas deixaron de ser o que eran ata ese momento para converterse nun proceso de coleción de diversos obxectos que nada aportan máis que a simple posesión, cada vez máis curta a súa vida pola saída ao mercado de novos productos que os substitúan...Traendo a este mundo máis materiais e menos humanos, cambiamos o subxectivo polo obxectivo e co paso dos días dentro desta roda a felicidade vaise escapando, xa que esta non se pode vender nin mercar, non ten sitio no sistema.Coa tristura non sucede o mesmo. Existen datos da riqueza que produce que a xente estea triste e querer cambiar o estado de ánimo sen cambiar nada da vida que levamos; e convéncente cunha fórmula que che vai dando a felicidade perdida a plazos, en forma de pílulas. Unha nova dependencia que non provoca nada máis que apatía na xente triste, deixar de sentir todo como remedio para non nada en absoluto.

     Non funciona nada como dixeran nun primeiro momento. Como tantas outras utopías esta tamén será un exemplo de fracaso de ser humano por mellorar a súa vida. Din que o importante é intentalo, pero neste caso non haberá remedio que consiga paliar tanto dano provocado có simple propósito de gañar diñeiro.

     Espero que na túa visión non haxa tantas tonalidades de grises como esta e me poidas aportar outros datos que me fagan ver que todos estes cambios teñen o seu lado bo. Espero novas túas. Unha aperta grande desde Babia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario