El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

viernes, 26 de agosto de 2011

Non quero que te perdas nada

Querida Lela (6):
     O mar de escusas que me envías nas túas cartas non me di nada. O único que fala de ti é a túa ausencia neste marabilloso sitio, pasou o día un de agosto e non apareciches, estiven a esperarte máis de dúas horas e finalmente souben que non ías vir. Non o entenderei nunca. Puxen todo a túa disposición para que fose fácil tomar a decisión, só tiñas que aparecer e todo o demais corría da miña man e nin sequera o fixeches. Podes chamarlle de tantas formas distintas como se che ocorran, pero no fondo sempre é o mesmo, tes medo a vivir a túa vida.
                 
     Sabes, Lela? Ninguén te pode obrigar a facer o que non queres facer, iso é certo. Pero non podes deixar de facer o que queres só por medo ao que poida pasar, ou ao que non poida pasar. Agóchaste na esperanza de que el vai volver un día e chegará arrependido e despois de pedirche perdón todo volverá a ser coma antes. Refuxíaste nesta idea e explícasme que se te vas el non terá maneira de atoparte. Non te enganes, miña amiga, quen se marchou, marchou e non vai volver e, se volve non será polo que ti pensas. Dará igual onde esteas a vivir, quen queira atoparte, atoparate, pero agardar a que as cousas sexan como nós queremos non é a solución, só é unha perda de tempo.

     Estás outra vez a antepoñer os desexos doutra persoa aos teus, pensando noutra persoa antes que en ti mesma,mentres a túa nova vida está aquí mesmo. Todo isto é mellor do que esperabamos, e tal e como che dixen o teu cuarto está preparado para recibirte. A casa é grande e a parte de abaixo estámola arranxando para poñer o noso negocio, e digo noso porque sigo a contar contigo. Sermpre foi así, as dúas fronte ao mundo, só tes que deixar de pensar e actuar, pero a última palabra tela ti. 

     Gustaríame que puideras ver todo cos teus propios ollos. Poñer algo en marcha, crear algo como o que estamos a facer aquí é marabilloso e non quero que te perdas nada. Espérote cos brazos abertos. 

     Un bico desde Babia, onde as segundas partes son as mellores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario