El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 18 de agosto de 2011

Por que non facelo?

Querido  Aldalao (6):
     Xa non sei sequera se tratar de frenar unha desaparición que se ten por suposta é unha boa inversión nestes tempos no que todo é efímero. Tratamos de protexer un ben intanxible, cunha riqueza non medible economicamente, onde non se pode convencer a ninguén para que nos siga, non hai fronteiras que defender e as nosas armas esvaécense no aire no mesmo momento que se fan audibles.

     Estamos inmersos nun mar que se seca, que desaparece porque poucos son os que lle aportan vida. Parece que nos convertemoe sen seres egoístas que só dan se reciben anteriormente, xa non nos fiamos de ninguén e que se algo custa traballo hai que tratar de evitalo a toda costa. Nesta vida na que case todo se converteu en traballo e obrigas, así que se se pode deixar de lado defender algo como o que estamos a defender para deixarse ir coa corrente maioritaria, por que non facelo? 

     Sempre dá mágoa a desaparición dalgún tesouro, pero parece que ese sentimento non aparece ata que a desaparición é unha realidade. Mentres se pode facer algo para evitala pasa inadvertido e quedamos parados deixando que sexan outros os que fagan o traballo, os que dean a cara, os que levanten a voz... Danos mágoa a desaparición, pero non facemos nada para evitala. Incluso hai quen pensa en comezar a montar un museo no se que recollan todas as mostras que se poidan para o día de mañá poder explicar como era ter entre as mans un tesouro que non podías tocar.  Será como queira a maioría, coma sempre, aínda que a maioría estea equivocada, ou cega como é o caso, e non vexa a beleza deste tesouro...

     Unha aperta grande desde Babia, onde a desolación comeza a aparecer.

2 comentarios:

  1. Cada vez me gusta máis eso de "por que no?"

    ResponderEliminar
  2. Non hai que deixar que os pesimistas non convenzan, poidan que teñan a razón nalgunhas cousas, pero todo pode cambiar. Polo menos hai que crer que así vai ser...

    ResponderEliminar