El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 9 de febrero de 2012

Entre Babia e o resto do mundo

Querida Moraima :

     Despois de moito tempo fóra, decidín volver ao meu pequeno mundo e descubrín que é moito máis pequeno agora que antes, a poboación diminuiu tanto que case non atopo rostros coñecidos, pero aquí estou.

     Fíxose duro retornar. Recoller o pouco que quedou da miña aventura polo gran mundo e darse de conta que o que os meus motivos e logros non ocupan máis que unha maleta, porque a derrota e as malas experiencias lévoas dentro, non teño que recollelas para traelas comigo, senón que xa forman parte de min, e desde que decidín regresar e aceptar que se quería facer algo o tería que facer eu soa, teño que aprender a convivir con esa parte negativa do meu ser.

     O que máis me custou ao chegar foi atopar a maneira de que che chegase esta carta. Non van poñer en funcionamento do servicio postal ata que vexan un aumento claro de usuarios en Babia, así que despois de utlizar unha vía alternativa para esta carta, púxenme mans a obra e fixen que todos os habitantes desta pequena rexión se puxeran a escribir, que contaran verdades ou mentiras, que se queixaran do mundo ou deran as grazas por seguiren vivos, que falaran de amores perdidos ou amores soñados, pero que escribiran. Algúns non sabían a quen e comecei a falarlles dos meus coñecidos, persoas compresivas e atentas que estaban sempre dispostas a facer novas amizades, sabedora de que contestarían e lograrían así que o vicio de escribir se metera dentro deles para non abandonalos xamais.

     Eu son a primeira que quere poñer en marcha a vía epistolar entre Babia e o resto do mundo, pero despois de min espero que cheguen moitas máis cartas. Cruzo os dedos para que así sexa. 

     Unha aperta moi grande desde Babia, onde todo volve comezar.

2 comentarios:

  1. Que gusto da saber que volve haber vida en Babia... agardarei espectante as novas que por aquí acontezan. Un bico a Babia e unha apreta gorda dende un rincón zoocial onde todo está cambiar de novo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén levei unha sorpresa agradable ao saber que había novas historias, con novas que querían que Babia tivese o seu sitio no mundo.

      Graciñas por estar aí!

      Eliminar