El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 15 de marzo de 2012

¡Feliz día do consumidor!

     A quen interese...

     Hoxe é o día mundial do consumidor, así que hoxe é o día de todos, porque todos somos parte do gran merdado no que construimos a nosa vida, imposible quedar ao marxe desta gran máquina de producción-venta-compra. Somos demandantes de productos, consumidores de sustancias, usuarios de artiluxios que nos "facilitaron" a vida só coa condición de non deixar nunca de consumir.

     Pero a pesares de ser o motor de movimento e o  fin desta gran máquina, non tomamos nin unha soa das decisions que cremos nosas, non podemos marcar condicions nin de tempo nin de forma para o consumo de todo o que nos rodea, nin sequera elexir libremente aos nosos distribuidores, xa que moitas veces é a manipulación  publicitaria ou a falta de información a que fala por nós, o dispoñer de pouco tempo para valorar distintas ofertas, ou incluso a ignorancia do que necesitamos ou non necesitamos en realidade.

     Atopámonos atados de pés e mans por contratos que, sen habelos firmado físicamente, mostran a nosa conformidade a través dunha palabra dita por teléfono ou a través dun click no ordenador, para facernos cumplir períodos de permanencia baiso ameazas de sancions económicas. Estamos espostos a fraudes, estafas, defectos, sobrecustos,  perpetuidades que non existen para ninguén máis ca nós, simples consumidores individuais e, a pesares de ser tantos os afectados, de falar tantos idiomas e ter presencias en tantos países somos a parte débil de todo este negocio, no que incluso os que nos defenden, as veces nos din, que é mellor pagar e calar, porque aínda que parezamos moitos non estamos todos os que somos, e fronte ao poder sempre toca perder... perder e pagar...

¡FELIZ DÍA MUNDIAL DO CONSUMIDOR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario