El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 8 de marzo de 2012

A unidade fai a forza

Querida Moraima (2):

     Ao final Babia volve estar no mapa, sabía que se podía facer por moita burocracia que se me puxera por diante. E iso que ao principio parecía unha vendedora de enciclopedias indo casa por casa, explicando a miña idea aos meus veciños, presentándolles os seus posibles destinatarios, cos que poderían comentar, preguntar, curiosear as cousas propias ou alleas. Non todos entenderon á primeira para que necesitaba eu a súa axuda, pero despois de insistir e de venderlles os meus amigos como se fosen o último artiluxio de cociña do que non poden prescindir, acabaron por mostrar curiosidade, e tras a curiosidades, como ben sabes, ven o movemento, e aí estaba eu cos todos os meus perfís a súa disposición.

     Foi moi gracioso emparellar quen podería ir con quen. Pasei por facer unha especie de cuestionarios para logralo, pero sen que se soubera que estaban a responder nada, por suposto, xa que senón non participarían en nada e eu non pasaría de ser a estranxeira que vén a cambiarlles a súa maneira de vivir. Pero ese só foi o primeiro paso, tamén tiven longas tardes ao redor dunha mesa, coa súa cunca de café e os seus doces caseiros. Tomei máis cafeína neses días da que contaba tomar en toda a miña vida,hahaha... pero déronme confianza, e incluso houbo quen, como min, vía a necesidade de darlle a esta pequena rexión o servizo postal que nos volvería poñer en contacto co resto do mundo, e cando escoitaron isto dos beizos dun veciño dos de sempre a plan púxose oficialmente en marcha,e  as misivas comezaron a saír de Babia cunha velocidade que ata a min me sorprendeu.

     Tes que vir a ver como un pequeno xesto o cambiou todo. Ao ter algo en común e verse partícipes dun proxecto no que todos son importantes, fíxolles moverse e queren poñer en marcha moitas outras propostas nas que o esencial é marterse todos xuntos, foi como se aprenderan que a unidade fai a forza, algo tan estraño que moitos din que só existe nas novelas de ficción, aquí podes sentilo con só asomarte a unha fiestra. Así de marabillosa pode ser a vida.

     Fai un oco na túa axenda e ven a coñecer todo isto, vaita sorprende. 

     Unha aperta grande desde Babia.

2 comentarios:

  1. Dende que aeroporto dis que hai que coller o billete para ir de vacacións a Babia? Quero coñecer a eses veciños...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non hai voo directo, e para chegar ata aquí hai que coller moitos sendeiros secundarios que as veces non están nin sinalizados,así que para chegar sempre é mellor pregunar a medida que te vas achegando...

      Eliminar