El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

sábado, 17 de marzo de 2012

Máis humana

Querido Sago (2):

     Vivimos intercomunidas có resto do mundo a través do gran canal que representa a internet e, sen embargo, non sabemos case nada de case ninguén. A ventana que se abre ante nós para saber en que mundo estamos a vivir non se uliliza como debería, e as veces non pasa de ser como unha pequena fiestra que da ao patio dos veciños desde onde podes espíar ao teu veciño de enfronte mentres se ducha, ou escoitar ao veciño de arriba discutir coa parienta ou berrarlles oas fillos porque chegan tarde á comer. Pequenos anacos de vidas alleas que nos chegan como intrusos dun momento no que ninguén contaba con nós. Algo así é a internet para a maioría da xente que coñezo.

     Non hai interese por coñecer os padecementos reais que os medios de comunicación nos agochan, non temos consciencia de moitos dos movementos sociais que poderían conseguir que este status quo imperante cambie despois de tantas inxustizas; non hai interese nin parece que no estilo de vida moderna haxa sitio para moitos máis problemas que os que a rutina nos trae son movernos do sofá. Pero, sen embargo, hai vida aí fóra, persoas que están a berrar para que alguén as axude, inxustizas que piden colaboración para poder ver a luz, abusos que esixen a condena pública de todos. Por que non facemos nada? Que é o que nos impide navegar na procura de historias nas que poder botar unha man?

     As veces séntome nun banco da praza para saber de que están a falar os meus veciños e sorpréndome como alguén pode tomar como unha afrente persoal un penalti pitado en contra do seu equipo de fútbol, ou como defenden a este ou aquel político dos acusacións de corrupción, e sigo sen entender como se pode chegar a crer nalguén que non coñeces máis que en calquera das persoas que coñeces desde que puxeches os pés neste mundo, que mensaxe nos están a repetir cada día para que o chegaramos a crer sen ter probas de que é ese o acertado e non outro? Eu volvinme escéptica co paso dos anos, a través dos fraudes electorais ou das múltiples estafas, tanto as económicas como as sentimentais, e hoxe creo máis en min mesma ca en ningunha outra persoa, pero isto non me impide querer atopar voces que se rebelen contra o establecido e que digan que as cousas se poden facer doutra maneira totalmente distinta, máis xusta, máis igualitaria... quizais máis utópica, pero polo menos máis humana.

     Espero que ti sexas unha destas voces... Unha aperta moi grande desde Babia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario