El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

domingo, 15 de mayo de 2011

Só hai que decidirse e recuperar a voz

Querido Aldalao (3):
      A ti non che chegan as novas da situación social e política que estamos a vivir, pero murcha moitas expectativas, mata a creación dun ritmo novo e cansa, sobretodo derrótanos a todos a base de cansazo. Unha forza que silenciosamente se instalou entre nós e que nos ten amarrados de pés e mans, roubounos a voz e por moito que queiramos berrar non facemos ruido ningún.

      Ti loitaches nunha época na que os esforzos tiñan a súa recompensa, e unindo forzas conseguistes construir un mundo novo no que poder falar e crestes que a democracia era o principio para lograr o verdadeiro prinpicio, a liberdade, que traería igualdade, xustiza e pluralismo. Só foi un momento, un único instante no que todo puido ser posible, pero que se esfumou nada máis facerse palpable. A confianza nos demais foi o motor do cambio, pero foi tamén o que puxo fin a túa loita. Vivimos en nun sistema democrático que non escoita as necesidades da maioría da sentido á palabra democracia. A liberdade non pasa de ser un póster que se colga na  habitación ou un eslógan se utiliza para facer algunha reivindicación no día mundial de calquera cousa que nos faga sentir mellor fronte a ausente conciencia social. A igualdade non é real, non existe. Ninguén é igual nun mundo no que cada individuo se proclama único, non se pode acadar a igualdade en sentido descendente, como unha norma de mínimos. Non recoñecemos a xustiza desde que lle caiu a venda dos ollos nin desde que separamos xustiza de lei; fixemos unhas leis que xa non son xustas e xa  non vale a pena reclamar xustiza.

     Por aquí estamos en plena campaña electoral na que se pide a nosa colaboración para que continue un sistema que non nos representa, unha morea de papeletas polas que se pelexan para lograr manexar unha cantidade de cartos cada vez maior. A política converteuse nun edificio no que habitan unhas persoas que se coñecen polos índices de popularidade cos que traballan os seus múltiples asesores; un edificio sen fiestras, afastado do mundo real, infranqueable por calquera de nós, algo irreal do que hai que esperar máis ben pouco. Que pasaría se nos negásemos a participar no seu xogo? Que mundo nos agardaría se non acudimos a súa chamada e son conscientes de que non nos serven para nada? 

     Estamos preto dun punto de inflexión como o estiveches ti fai moitos anos. Os cambios están a producirse, só hai que decidirse e recuperar a voz, e faremos o que vós fixestes fai moitos anos, cambiar o rumbo das cousas, reclamar o noso sitio e berrar ben alto que estamos aquí e que estamos para quedarnos.

     Vente pronto, necesitamos a túa presenza e a túa sabedoría. Unha aperta grande.
    

2 comentarios:

  1. Non se pode deicar que nos silencien a voz, temos que saír á rúa e facernos oír porque TEMOS VOZ. Non hai máis que ver o resultado das manifestacións do día de onte, miles des persoas sairon á rúa a manifestarse... e hoxe os xornais falaban de centos reducindo o grupo a greñudos jipis e incoformistas vagos... sufrimos unha manipulación mediática que roza o delito... menos fútbol, menos cotilleos, menos tele e máis mobilización!

    ResponderEliminar
  2. Hai que saír a rúa, estou contigo e hai moita máis xente que quere mostrar o seu descontento con este sistema inxusto. Non hai a cobertura que se merece o tema por parte dos medios de comunicación, pero iso será mentres non sexa algo que non poidan ignorar por iso hai que saír á rúa e facerse oír porque como dis TEMOS VOZ!!!!

    ResponderEliminar