El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

sábado, 6 de agosto de 2011

Onde quería estar

Querida Noname (7):

Estou a vivir cada unhas das fases,
o descubrimento dunha mesma,
Tomarche a man e
                           dar un paseo contigo

quen son as pesoas que me rodean,
que me queren pero cunha venda nos ollos
para non ser conscientes dos meus cambios.

Non se dan conta que non hai temas incómodos,
senón prexuizos anquilosados.
A curiosidade é unha das mellores cualidades do ser humano, e
sentirse ben a mellor meta para ter nesta vida.

   sei que é un detalle pequeno,
verme alí como unha máis,
experimentar a sensación de gustarlle a alguén
un cúmulo de sensacións indescriptibles
                                                            aquel par de ollos verdes...
                                                     
Non recordo ter sentido algo tan fermoso na miña vida. 
Dous corpos pegados movéndose lentamente,
unha certeza nunca experimentada 
                     alí onde quería estar.

     Sigo a ser eu,
                         pero alguén novo ao mesmo tempo.
o que un sente é o que sente e
non é culpable polo feito de que iso sexa así.

1 comentario:

  1. Os cambios sempre están ben, o malo é non evolucionar a medida que pasa o tempo. E se os cambios que se están a producir te levan xusto ao lugar onde queres estar... perfecto! Só ti sabes que é o que queres en cada momento e ao lado de quen queres estar. Ánimo porque cada paso que se da achéganos a meta que queremos acadar.

    ResponderEliminar