El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 22 de septiembre de 2011

Anuncios

Querido Aldalao (7):
     Os que estudan o tema e non tiran a toalla buscan solucións e tratan de que o final desta función non sexa tan apresurado. Eles saben e din que fonoloxía do noso idioma é única, que ten unha forza para a poesía que non se atopa noutras, incluso para as canción de berce posúe algo diferente das demais linguas. Pode ser unha opción iso de ter unha utilidade ademais da que se lle supón para a práctica diaria, pero hai que ser realistas e dicir que cada día redúcese o número de persoas que lles cantan nanas aos seus pequenos ou que simplemente deciden pasar o tempo lendo poesías. 

     A crise económica é algo máis que unha crise económica, poñerlle este calificativo non deixa de ser algo paradóxico cando somos nós no fondo os que estamos en crise. Fálannos de que un libro é bo porque é un "best seller", e eu non sei ben que me quere dicir alguén que pretenda teña interese nun libro dicíndome isto, porque non sei o seu coñecemento de inglés pero a expresión non di máis que vendeu moitos exemplares, nada se fala dos motivos polos que se logrou, ou os medios polos que se levou a cabo, pero parece que é máis importante un libro que leva esa pegatina do que non a leva. Isto é extrapolable á música, películas, cadros ou, as veces, as persoas. Todo se cuantifica e adquire importancia segundo a cifra que leve ao lado. De aí que considere que temos a batalla perdida, precisamente en plena crise económica, cando se debería facer unha introspección para ver que se fixo mal, non, non facemos isto, senón que volvemos botar a vista a outro lado e esta vez aterramos en oriente, na gran fábrica do mundo e concluímos que o futuro se escribe en chinés.

     Como pretender manter a flote noso pequeno país de aínda non tres millóns de habitantes? Como conseguir deter esta desbandada de cidadáns que teñen a vista posta moi, moi lonxe de aquí? Ao mellor hai aínda alguna solución, pero eu non a vexo. Estou rodeada de múltiples anuncios que falan de posibilidades de saír desta crise, pero en ningún se fala de nós, todos anuncian profesores nativos de chinés, clases particulares de chinés, viaxes a China, comida chinesa...

     Quero verte pronto, necesito o teu consello para mantar a vista fixa no horizonte coñecido e que siga a ser así de coñecido por moitos anos máis. Unha aperta grande desde Babia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario