El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

martes, 27 de septiembre de 2011

Mancharse as mans

Querida Lela (7):
     Tomar un punto de partida equivocado lévate tomar conclusións equivocadas. E sinceramente creo que deberías cambiar o teu punto de partida, que o tes posto en alguén que xa non está. Tes que poñerte a ti como o centro de todo o teu mundo, e saber que é o que vas facer de agora en diante, pero mentres non o saibas estar aquí comigo ía ser unha boa maneira de comezar a ver todo doutro xeito.

     Isto non é unha volta atrás,  e dígoo porque na túa carta me contabas que non che apetecía volver a ser unha nena rural. Eu tampouco o levaría ben se fora todo como hai moitos anos, pero todo é distinto hoxe en día, hai moitos adiantos e o que poidamos facer será para nós e  para ninguén máis. Economía de subsistencia. Traballamos todos os días no terreo comunitario e está a dar os seus primeiros froitos. Parece algo incríble pero tanto tempo na cidade esquecérame a satisfacción que da o facer algo coas túas propias mans. Na cidade todo o dan feito, só se necesitan os cartos para poder vivir, que mentres os tes non hai problema pero cando escasean a vida na urbe transfórmase nun vagar dun lado ao outro buscando algo tan escaso somo a solidariedade dos demais. Aquí, en cambio, todos facemos algo e sempre hai traballo para todos e por suposto, recompensa inmediata polo traballo feito. Trátase de mancharse aa mans. Si, digo ben, mancharse as mans, algo que había moito tempo que non facía, e é que descubrín que para falar da vida hai que mancharse as mans e misturarse cos elementos, non se pode tratar de cambiar as cousas permanecendo aséptico. Hai que mollarse e mancharse para ver medrar a vida ao noso redor. Desde aí ao mellor non percibes a beleza que teñen estas pequenas cousas, pero cando veñas, porque sei que vas a vir, sorprenderaste do fermoso que é o volver ver as cousas auténticas da vida.

     Espero que nesta carta atoparas máis razóns para deixar que o vento do cambio te traia ata aquí, onde xa lles falei de ti a todos e esperan poder coñecerte pronto. Deixa de poñer escusas e vente xa. Un bico enorme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario