El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

lunes, 12 de septiembre de 2011

A miña rosa dos ventos

Querida Noname :

Estou ben,
teño a obriga de responder certas preguntas
A sensación é estraña, pero supoño que
despois de tantos anos de escuridade
o  mundo estaba aí, que eu estaba agochada del e non ao revés.
Na miña cabeza aparecen imaxes de meus pais
e vexo a mágoa que lle produce que eu
non teña marido e fillos
para iso me educaron e
para iso agardaron ano tras ano,
Non entendían máis nada que iso,
unha familia. 

sinto a necesidade de escusarme,
de intentar que comprendan
cuestións que eles non se atreven a formular,
pero non sei como se fai.
e penso na sorte que ti tes
que podes facer todo de novo
sen esas esperanzas postas en ti
que nunca se van ver cumpridas.

1 comentario:

  1. Ainda onte o falaba con miña nai e eu lle decía "mamá, as túas regras non valen para todas as parellas" e creo que eso é extensible a todo, a parella, a familia... cada caso é un mundo e un día inesperado aparecerán esas palabras, axeitadas ou non, que transmitirán a mensaxe e poderán entender que ti non es como eles quixeron que foras.

    ResponderEliminar