El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

viernes, 7 de octubre de 2011

Persoas

Querida Noname

Tomei a decisión de volver ao meu pasado,
verme fronte a fronte coa primeira muller que amei,
a que máis dano me fixo
fíxome culpable por meterlle na cabeza aquelas ideas, d
e falarlle do noso futuro conxunto e
tratar de que vira que se podía facer.
Desde a miña nova vida sentía que
debía enfrontarme con aquela pantasma
Tiña ganas de dicirlle que se equivocara,
que se podía vivir como un sentise,
que non cho poden impedir,
que hai que lograr ver que se trata de
dúas persoas que viven segundo o que senten. 

 As palabras corrían pola miña cabeza e
cando a tiven diante non fixo falta que dixera nada.
Un simple saúdo e unha aperta dixérono todo.
Eu equivocárame ao agochar unha parte do meu ser
pero ela viviu unha vida que non lle correspondía.
Estaba vella e agotaba,
amarrada a un marido enfermo
e con catro fillos que a ignoraban,
Marchei.Quixera facerlle ver cousas
para as que ela xa non tiña ollos.

3 comentarios:

  1. Ti iluminas máis co teu sorriso que eu con calquera das miñas ensinanzas.

    ResponderEliminar
  2. Hai persoas que iluminan con sorrisos, outras con palabras, outras con feitos... ou simplemente coa súa presencia. O importante é ter sempre unha delas moi, moi preto.

    ResponderEliminar
  3. cada persoa esta rodeada da suas propias circunstancias,una mesma situación en vivida e ollada desde unha perspectiva diferente..os camiños son infinitos e os lastres únicos como cada individuo.

    http://voyxlibre.blogspot.com/

    ResponderEliminar