El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

viernes, 21 de octubre de 2011

Un pouco transcendental

Querida Lela (8):
     Desde de que cheguie aquí sempre estou ocupada, pero non do xeito que ata agora coñecía senón é algo totalmente distinto. As ocupacións aquí responden ás necesidades do día a día e non hai máis beneficiarios ca nós mesmos. Parece incríble que nunha comunidade tan pequena se poidan facer tantas cousas pero é así, sempre hai tarefas pendentes ou aparece alguén que require a miña axuda, ou simplemente me canso e decido que ata mañá non fago máis.

     O que si que hai é moito tempo para pensar, e quizais ao haber menos ruidos os pensamentos son moito máis profundos. Todo se volveu un pouco transcendental e paréceme que para poder avanzar na sociedade que vivimos hai que ter en conta sobretodo e antes de nada ás persoas que a conformamos. Conseguimos darlle importancia aos cartos e aos bens materiais por riba incluso das persoas, e hoxe en día todo se mide polo valor, ata chegar ao punto que alguén que non xera valor non aporta nada á sociedade, non é máis que un lastre co que hai que cargar, sen ter en conta outras posibilidades de aportacións sociais non evaluables economicamente. Non hai máis que ver como mentres estás en activo estás vivo para os que te rodean, pero cando te retiras e os anos pasan deixando demasiada pegada en ti trátante como cidadán de segunda, incluso no teu propio fogar onde se contan por igual os pequenos que aínda non saben ler que os nosos maiores. Ou unha muller que adicara a súa vida ao coidado do fogar por acordo mutuo entre a parella para o benestar de todos eles e cando trinta anos despois o acordo se rompe e se decide poñerlle fin a unión marital ela non é máis que un ser desvalido ao que se trata como se non fixera nada na súa vida. 

     Digoche isto para que non te sintas en ningún momento minusvalorada, para que ninguén asocie o que ti vales coa túa aportación monetaria a esta sociedade, porque aínda tes moito que ofrecer, e aquí tes o teu sitio para poder realizarte. Sei que dar o paso é difícil, pero coñézote e sei que te has sentir mellor. Segues a ter un sitio reservado neste novo mundo. Só tes que dar o paso.

     Unha aperta grande desde Babia, onde o valor das persoas fíxanno elas mesmas.

3 comentarios:

  1. Hai persoas que non se poden valorar, o seu cálculo sería infinito...

    ResponderEliminar
  2. Todas as persoas teñen moito que aportar,calqueria que sea a sua idade ou nivel adquisitivo.

    http://voyxlibre.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. As persoas non se deberían valorar polo que teñen ou polo que aportan, pero no fondo si que se fai, e aí está a tristura deste teatro ao que chamamos vida.

    ResponderEliminar