Estou ben,
teño a obriga de responder certas preguntas
A sensación é estraña, pero supoño que
despois de tantos anos de escuridade
o mundo estaba aí, que eu estaba agochada del e non ao revés.
teño a obriga de responder certas preguntas
A sensación é estraña, pero supoño que
despois de tantos anos de escuridade
o mundo estaba aí, que eu estaba agochada del e non ao revés.
Na miña cabeza aparecen imaxes de meus pais
e vexo a mágoa que lle produce que eu
non teña marido e fillos
para iso me educaron e
para iso agardaron ano tras ano,
Non entendían máis nada que iso,
unha familia.
e vexo a mágoa que lle produce que eu
non teña marido e fillos
para iso me educaron e
para iso agardaron ano tras ano,
Non entendían máis nada que iso,
unha familia.
sinto a necesidade de escusarme,
de intentar que comprendan
cuestións que eles non se atreven a formular,
pero non sei como se fai.
e penso na sorte que ti tes
que podes facer todo de novo
sen esas esperanzas postas en ti
que nunca se van ver cumpridas.
de intentar que comprendan
cuestións que eles non se atreven a formular,
pero non sei como se fai.
e penso na sorte que ti tes
que podes facer todo de novo
sen esas esperanzas postas en ti
que nunca se van ver cumpridas.
Ainda onte o falaba con miña nai e eu lle decía "mamá, as túas regras non valen para todas as parellas" e creo que eso é extensible a todo, a parella, a familia... cada caso é un mundo e un día inesperado aparecerán esas palabras, axeitadas ou non, que transmitirán a mensaxe e poderán entender que ti non es como eles quixeron que foras.
ResponderEliminar