El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

viernes, 18 de noviembre de 2011

Ese purgatorio de Galicia

Querido Aldalao (9):

     Aínda a pesares de estar ás portas dun proceso electoral non hai que faga promesas que comprometan coa nosa meta. Ninguén se centra xa en de este pequeno país vai a seguir tendo dúas linguas ou perderemos a metade da nosa identidade para levaba a ese purgatorio de Galicia no se que vai converter a inmensa obra de cidade da cultura. 

     Estiven alí, sei do que falo. Unhas enormes elevacións sobre o terreo que buscar darlle ao monte a mesma forma que tiña antes de que houbera ninguha construcción alí, quitaron a terra que redondeaba eses contornos para poñer alí matearias totalmente artificiais ao entorno. Seis grandes edificios posicionados de tal xeito que visto desde arriba faga o debuxo dunha cuncha de vieira, cuns pasos entre os edificios que representan as principais rúas da cidade vella de Compostela, de feito, ambos espazos teñen as mesmas dimensións, pero mentres un se ergueu co paso dos séculos e dando resposta as necesidades da súa xente, esta nova construcción fíxose para conseguir unha relevancia no mundo que non está clara, para meter toda a cultura galega que se poida no menos número de metros cadrados posibles; mercantilizando conceptos que ata agora para atopalos había que moverse polo noso país e que agora poderías tantear nun espazo demasiado branco, demasiado frío e demasiado caro para que consiga deixar no espectador algo da esencia que ten Galicia.

     Os políticos queren fotos e os cidadáns un traballo que lles permita vivir ben; neste vivir ben está por suposto a cultura e dentro desta o idioma pero poucos o saben, e dos que o saben, menos aínda o valoran. Estas eleccións non cambiarán nada se nós mesmos non comezamos co cambio. Todo está en nós e de nós depende coidar o que un día herdamos ou vendernos ao mellor postor, sexa ianqui, chino ou extraterrestre.

     Sigo con medo ao futuro, síntome como un animal en extinción sen ninguén que me coide. Non sei ben que facer. Só podo seguir vivindo segundo as miñas crenzas que tamén son as túas. 

     Unha aperta grande desde Babia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario