El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

jueves, 10 de noviembre de 2011

Unha rosa branca

Querida Noname (10):

     Marcho, Noname, ao final non o penso máis e vou marchar. Ata a min se me fai rarísimo dicilo. Eu que sempre vivín no mesmo sitio agora fago as maletas para instalarme na casa da miña moza. Si, si, si... dixen a miña moza, non sinto máis que un orgullo grande dentro de min de vivir esta oportunidade que pensaba que nunca chegaría. Son tantas cousas en tan pouco tempo! En menos de doce meses dinlle dúas voltas a vida que coñecía para poñela do revés e comprobar que se se quere, pódese.  E todo chegou coas túas palabras chamándolle as cousas polo seu nome e buscando liberdade, causaron un min un efecto resorte que me trouxo ata o día de hoxe no que podo dicir xa sen reparos que son feliz.

     Para a semana estarei xa no meu novo fogar, e a miña casa alugueilla a unha parella de rapazas novas que están a vivir a mesma experiencia ca min, pero coa condición de que sempre ondease no balcón a bandeira das seis cores. Non sabes canto se riron coa miña ocorrencia! pero aceptaron encantadas e aí está colgada grande, brillante e de cores, proclamando respeto para as fornas de amar que non se consideran tracicionais. E sabes que me pediron elas? pois que na miña nova casa ondease unha bandeira exactamente igual, o cal non fixo falta que o pediran porque xa está feito! Non sei se este é o orgullo do que se fala, pero a min faime sentir moito mellor, e con iso basta.

     O que si fixen como despedida do meu pasado foi volver de noite a casa do meu primeiro amor e deixarlle unha rosa branca na caixa do correo, unha rosa como as que lle agasallaba cando desde a miña inocencia só buscaba o cariño da persoa que máis feliz me fixera ata entón. Non sei ben que faría con ela, pero xa non será nunca máis un asunto pendente. Con esta flor puxen punto e final ao que nos unira un día  Eu agora  navego soamente nunha soa dirección... sempre para adiante!

     Espero que poidas vir pronto a ver a casa e así poder compartir contigo esta felicidade que me desborda e darche algo do que me deches ti. Estouche agradecida de por vida, eres o meu anxo.

     Un bico grande desde Babia, onde o vento move unha bandeira de seis cores.

1 comentario:

  1. O amor e a igualdade por bandeira,sen nombres propios,sen orixes,sen argumentos.

    ResponderEliminar