El tiempo es una imagen móvil de la eternidad

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Nin un segundo máis

Querida Lela (9):

     Aínda estou en proceso de asimilación pero son feliz. Nun par de días estarás aquí e non son capaz de crelo! Alégrome e non sabes canto que te decidiras a vir e darlle fin a unha etapa da túa vida para poder comezar outra na que soamente ti serán quen decida que facer en cada momento, e para o que non poidas ti soa, estarei eu ao teu lado, botándoche unha man no que me pidas.

     Ao pouco de chegar xa comecarás a notar os primeiros cambios. Quizais demasiados para asimilalos como algo bo na túa vida, pero vanse metendo dentro pouco a pouco e en menos do que pensas xa serás unha máis de nós, bueno... polo que a ti respecta xa formas parte do noso día a día porque desde que cheguei non fixen máis que falar de ti e que pronto virías, así que aínda que non che poñan cara xa contan contigo, tes o teu sitio aquí. 

     Xa me contarás que foi o que te fixo cambiar de opinión, sei que algo debeu de pasar pero fora o que fora benvido sexa se conseguiu que deras este paso tan grande. Xa sabes que penso que as noticias fanse, non hai que agardar por elas a que veñan a nós, senón que temos que estar sempre en movemento para conseguir que o mundo baile ao noso ritmo. E aí estás ti, a unhas horas de min, unha distancia que se acurta a cada momento! Terei preparado para cando veñas un dos teus pratos preferidos, e estarán todos avisados apra que teñas o recibimento que mereces. Que ganas de poder darche unha aperta!

     Non tarde nin un segundo máis do necesario. Un bico grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario